quinta-feira, 24 de maio de 2012

Asembleia de Mugardos na esquerda este sábado 26 de Maio

Este sábado 26 de Maio às 16:30h temos asembleia de Mugardos na esquerda. O sítio para celebrar a asembleia é no lugar do Monte, 21 (casa de Diana).

Lembramos que a participación nas nosas asembleias é aberta as persoas do concello, con dereito a voz e voto.

quarta-feira, 9 de maio de 2012

Este Sábado recuperaremos a Fonte das pedras Albas

Continuando co nosa laboura de melhora e recuperación do património do concelho, este sábado 12 de maio combinamos às 16:30h no bar que está ao lado da Igrexa de San Vitório para nos desplazar posteriormente a limpar de lama e de maleza a Fonte das Pedras Albas (así é como lhe chama a vecinhanza).

Segundo o historiador local Juan A. Carneiro Rey, sobre o nome da fonte apunta que: Unha das dificultades que se lle presentan ao investigador na localización de topónimos nestas fontes, responde ao feito de que os escribáns non sexan coñecedores da zona e van transcribir o nome de lugar tal como soa en boca do paisano. Isto pode desembocar nunha escritura do documento con certas alteracións como o seseo, gheada, ausencia de artigos, abreviaturas, etc. Temos por exemplo que o topónimo Pedras Albas se transforma por obra do escribán en Pedra Salva.

Quen queira vir axudarnos e descubrir esta fonte, pode achegarse ao sítio indicado ou diretamente á fonte na que estaremos a partires das 17 horas.

segunda-feira, 30 de abril de 2012

Este domingo limparemos o lavadoiro de Noville

Ante o desleixo do concello no mantemento de caminhos, lavadoiros, fontes, etc. decidimos levar a cabo por nós mesmos o seu mantemento.

Xa que logo este domingo dia 6 às 17h limparemos o lavadoiro de Noville, na parroquia de Franza, no lugar do Monte. Quen queira vir está convidado a nos axudar.

sábado, 28 de abril de 2012

Mugardos na esquerda denunciou a tala de árbores centenarios na estrada do Banho

Mugardos na esquerda denunciou a tala de árbores centenários na estrada AC-131, á altura da zona do Banho. Ines, integante da nosa asociación, presentou umha denuncia no concello e na Xunta pola tala destas árbores, dunha valor patrimonial incalculável para o patrimonio do concelho.

O xornal "Diario de Ferrol" facíase eco das protestas que estivemos levando acabo durante eses dias cumha publicación dumha notícia o dia 5 de abril de 2012.



sexta-feira, 20 de abril de 2012

Roteiro polo rio Baa


Persoas de "Mugardos na esquerda" fixemos un roteiro polo rio Baa, un rio que atravesa a peninsula de Bezoucos, nos concelhos de Fene, Cabanas e Mugardos e que desenvoca no Seixo.

Toneladas de “áridos” asfálticos situados na canle do rio, no polígono de Vilar de Colo ameazan seriamente a saude dos vecinhos da comarca. A presenza de canceríxenos e mutaxénicos, que coas escorrentias estan a chegar às augas do rio Baa, que as depositará na Ria de Ferrol pasando de caminho por umha parte importante do noso concello e de paso contaminando o rio que da de beber aos vecinhos e vecinhas do Seixo.

Corrupción e intereses políticos fan posível que uns residuos letais poidan vir de Holanda e depositarse num território que é dun valor ecolóxico e cultural incalculável. Uns resíduos que ademais están formando parte xa dos recheos do polígono de vivendas do bariro do Bertón, ou no porto exterior.