segunda-feira, 16 de maio de 2011

4. Participación veciñal

No actual cenário de democracia representativa afirma-se que a participación política dos cidadáns e cidadás é através de mecanismos como o voto ou a participación en organizacións partidaristas. A democracia implica por eséncia a presenza pública dos cidadáns na organización e a dirección do governo. De entrada mediante as liberdades individuais e os direitos colectivos, en particular o direito à liberdade de expresom, a separación de poderes, a formación de partidos políticos e as elecións para designar os representantes populares nos diversos níveis de decisom.

É cada vez máis visível que este tipo de mecanismos resultan claramente insuficientes para facer frente a importantes défices democráticos patentes na pésima articulación entre profisionais da política e a veciñanza. Nos oitenta a burocracia dos novos governos municipais centrou os seus esforzos na consolidación da organización dos partidos e a administración. Construiu-se un modelo de democracia local que enfatiza a eficiéncia da dirección política e a consolidación da representatividade das suas instituicións.

Por outra parte, nos últimos anos, viu-se un descenso importante da participación tanto nos partidos, como nas elecións. en contrapartida proliferan as plataformas finalistas face obxectivos concretos apesar de que o tecido asociativo, que tradicionalmente exercera un importante peso na tarefa dos movimentos sociais, se debilita de forma desigual nas democracias ocidentais. Esta rede asociativa continua sendo o espazo mais direto onde os e as cidadás poden exprimir-se con maior intensidade e é nesta liña onde é posível umha vinculación mais recíproca entre cidadania, governo local e administración.

As tradicionais propostas emancipadoras parecen ter entrado en crise. É un facto significativo que esta crise acompañou un proceso de fortalecimento dos poderes executivos na administración e, de maneira destacada, na organización dos partidos. E é tamén significativo que o desencanto dos cidadáns a respeito da militáncia política, o abstencionismo, a formación de plataformas muito finalistas e de alcance concreto, ben como as resisténcias corporativas a calquer mudanza avanzaran paralelamente à quebra dos partidos como estruturas que reunen cidadáns e cidadás interesadas pola cueston pública, que recollen estados de opinion e fan propostas ao conxunto da sociedade. A lexitimidade do sistema político declina xunto dos níveis de interese e participación. Asi, procurar novos mecanismos de participación é o obxectivo central para traballar directamente nas políticas públicas.

4.1. Por un Mugardos onde o povo participe e decida

- Incorporar a voz dos axentes sociais para estimular a consecución de determinadas políticas. Os rendimentos poden ser máis altos que os que a administración por si soa estabeleza. Fai falta posibilitar o aceso aos mecanismos de participación dos grupos socialmente infra-representados como a imigración, as mulleres, a infáncia, a xuventude e a xente maior.

- Promover as redes asociativas como espazo de formación de cidadáns e cidadás informadas e de desenvolvimento de recursos que faciliten a participación. As asociacións erixem-se en espazo de reflexon para defender os intereses colectivos e sobretodo para xeraren confianza na acción colectiva. Fai falta evitar a perda a capacidade de debate nas asociacións se estas se ven asimiladas polas instituicións municipais.

- Posibilitar mecanismos que permitan a Creación de vínculos directos da administración coa comunidade local como, por exemplo, as Asembleias de Viziñ@s.

- Incidir na cultura da participación através dun compromiso potencializado já desde a escola através de iniciativas que fomenten este tipo de práticas.

- Mellorar a visibilización e abertura dos procesos participativos através dos meios de comunicación independentes e un maior investimento económico e organizativo.

- Medidas para a dinamización do movimento xuvenil como a Creación dun Consello da Xuventude que responda às necesidades dos mozas e mozos como coletivo. Os programas específicos, planos integrais e, sobretodo, o Plano Local de Xuventude deven organizar-se contando coa participación da mocidade, empregando mecanismos que incorporen @s mozas e mozos organizado@s e non organizad@s de Mugardos.

- Potencializar a participación social das mulleres. À hora de se dirixir às entidades de mulleres de Mugardos, o Concello non se pode limitar à sua rede mais imediata de entidades oficializadas como partidos políticos parlamentares, os sindicatos estatais, as entidades vicinais, etc. Estas tamén han ser, mais non só: fai falta dirixir-se a todas as mulleres a título individual e as entidades, rexistradas ou non formalmente, que despregan a sua actividade diária no noso concello.

- Fomentar un modelo de participación inclusivo integrando as A.V e outras entidades presentes na concello. Este modelo poderia propor-se en termos de consenso. Os mecanismos de participación galegos seguen a prática española de decidir através dun sistema de maiorias que é pouco axeitado para criar proximidade.

- Fai falta promover un Consello temático para cada área marcada no Regulamento de Participación Cidadá.

- Estabelecimento de cotas ou percentaxes de actividades nas concellarias que podan ser consultadas ou decididas através de mecanismos participativos. Do Regulamento Municipal desprendem-se direitos teóricos mais pouco aplicáveis se non é con verdadeira determinación. Até a actualidade a política neste ámbito foi de boas palavras mas sen verdadeira vontade de transformación. Fai falta regular as experiéncias participativas e promover a sua aplicación e posterior avaliación.

- A vontade política real polo despregamento de medidas de promoción da democracia participativa, desde a co-responsabilización coa sociedade civil na definición e xeston de proxetos, até a adopción de mecanismos tanto consultivos como vinculantes (asembleias de viziñ@s, referendos e consultas populares, orzamentos participativos, etc.).

- Precisamos dumha nova dinámica institucional evitando a praga do burocratismo. Que o propio concello sexa umha instituición que soluciona os problemas dos viziñ@s e non quen os cria e perpetua.

- A nível xeral cumpre un entendimento institucional na nosa comarca de Bezoucos. Apostamos por Mancomunar servizos cos concellos de Ares, Fene e Cabanas para aforrarmos

diñeiro e poder investirmos na Creación de emprego no concello.

4.2. Asembleas de Veciños e Veciñas

- Creación de Asembleias de Viziñ@s. As Asembleias de Viziñ@s son umha ferramenta que proporciona aos participantes níveis de información sobre a temática en que se quer incidir superiores às posibilidades individuais de aceso à información através das explicacións de actores políticos implicados na cuestom, técnicos da administración e expertos independentes. A neutralidade dos actores que interveñen na preparación e realización dos Asembleias de Viziñ@s deve ser uns dos obxectivos principais deste tipo de iniciativas. Fai falta permitir a participación de todos os actores que se consideren afetados na queston e evitar filtros de opiniom.

- Fomentar este tipo de experiéncias na sociedade para promover e estimular o envolvimento veciñal e facer parte da tomada de decisons, acercando o cidadán ou cidadá ao ámbito político e, indiretamente, à sua governación local.

- Potencializar grupos de discuson incentivados polo governo local que con certa frequéncia poñan en discuson temáticas vinculadas co concello. en definitiva, promover iniciativas deste tipo con un custo económico mínimo, que proporcionan información a modo de enquisa de opinion e manteñen os cidadáns con un nível de envolvimento que pode ser estimulador e criador de capital social.

- Criar medidas que eviten o uso partidarista ou governamental destes mecanismos para mellorar os resultados eleitorais, criar imaxe positiva de governo e incluso desactivar o protesto e a mobilización social. Umhas asembleias organizadas externamente, que propoñan un abano de informacións variado, neutral e baseado en posturas independentes que faciliten maior transparéncia informativa, pode contrarrestar esta opción de manipulación.

- Cumpre promover a ideia da complementaridade neste aspecto, permitindo a participación das asociacións e grupos organizados que queiran colaborar.

4. 3. Orzamentos participativos

- Os orzamentos participativos constituirám-se como un dos principais mecanismos de democracia participativa real e efetiva. Fai falta mellorar os mecanismos de difuson destas ferramentas para achegar a participación aos cidadáns. Utilizaremos este mecanismo para que a veciñanza decida nos lugares do concello en función do orzamento que contemos destinado a cada localidade.

4.4. Medidas xerais en prol da Tranparéncia Governativa

É frecuente a recusa de prestar información acerca da actividade do executivo, e de fornecer documentación en mao aos veciñ@s. A transparéncia sendo un obxectivo político, é tamén un acto administrativo, e como tal ten de ter un procedimento administrativo con umha persoa responsável pública decorrente das suas funcións administrativas no Concello e que non sexa non eada polos partidos políticos.

Dumha forma xeral propom-se a transferéncia para a esfera administrativa o dever de prestar información relativa a actos oficiais aprovados e/ou xá praticados, como forma de retirar à esfera do político a xeston da información e asi poder permitir a fiscalización atempada de todos estes actos. Propomos:

- Propomos a disponibilización mensal de relatórios e balancetes de execución da responsabilidade dos servizos administrativos do noso Concello para consulta pública. Todos os Concursos Públicos e todos os actos administrativos estarán en Boletin Municipal e no web municipal.

- Propomos que estes relatórios sexan dirixidos e enviados en formato eletrónico a todas as entidades sociais do município e aos veciños e veciñas a quen diga respeito. Para esta tarefa de envio dos documentos e información ao movimento veciñal e aos cidadans, solicitada ou non , haverá umha persoa responsável administrativa.

- Iden no relativo ao Orzamento e sua execución; cuxa descrición deve ser clara e ordenada, con sua clasificación económica e orgánica, en que medidas e en que departamentos do Concello se prevé gastar determinadas cantidade, ben como por onde se irán arrecadar os respectivos ingresos; o mesmo das axudas e subsídios outorgados; e todos os gastos de finalidade social.

- Iden no relativo aos Salários Municipais e membros e membras do Governo: Exposición pública dos ingresos recebidos à conta do Concello por todo o persoal municipal e dos edis do governo municipal.

- Obrigatoriedade do município manter un sítio actualizado na Internet con espazo próprio para o acima referido, asi como as actuacións máis recentes desenvolvidas. Aqui figurarán as actas dos Plenos, o Orzamento, os Bandos, PXOU, e o Relatório de Actividades dos cinco anos anteriores. Propomos ainda a colocación no sítio web de Mugardos do Inventário de Bens do Município, e de espazo para cada grupo municipal (que sexa xerido por estes), cos contactos de cada grupo municipal e respectivos edis. Outra información complementar interesante seria os enlaces e contatos do movimento asociativo municipal.

- Produzir e Publicitar do xeito referido un Relatório anual sobre a actividade de cada servizo municipal a ser apresentado nun Relatório de Actividade Global do Município.

- Responder en 15 dias às cuestons feitas polos grupos municipais Comprometemo-nos ainda a facultar a todos os cidadás meios de aceso às novas tecnoloxias de información para que podan entrar e receber novas municipais, e tamén a divulgar e dar voz no Concello e no web municipal às suas aspiracións, proxectos e actividades culturais, desportivas e asociativas.

- Habilitación do Rexistro Municipal Eletrónico de Mocións ou Propostas Cada viziño do município vai poder facer demandas, reclamacións, suxeréncias, etc. sen pisar a casa do Concello através do rexistro eletrónico, onde através de internet e preenchendo uns escritos-modelo de modo simples formula a sua demanda perante o Concello.

Sem comentários:

Enviar um comentário