Propostas para Mehá de Mugardos na esquerda
· Na nosa parroquia a maioría dos camiños asfaltados existentes carecen do obrigado arzén ou acera propomos a habilitación, polo menos nun lado destas vías dun paseo amplo, nunha actuación respetuosa co medio, nos seguintes camiños:
- Nos Casás, do arzén que vai de Novás até o cruzamento coa estrada que sobe da Areosa.
- Nas Fieteiras, no camiño que vai do Rueiro e do Serrón até o cruzamento coa Pedreira.
- Na Rua Curros Enríquez até confluir coa Xesteira (¨Travesia da academia¨).
- A mesma medida no camiño que funciona de estrada, da rotonda de Rilo, desde Novás, pasa pola Pedreira e vai até S. Vicente na Xesteira.
- Da rotonda da Barca até o Pazo de Rilo.
Nestes camiños indicados, que non funcionan como estradas, limitación da velocidade a un máximo de 30 Km|h, tendo en conta a existencia das vivendas, da escola, do parque da Rega e a concorrencia de persoas a camiñar.
· Creación dun novo sendeiro: Os Casás até A Rega, da Rega á Seaña e da Seaña ao Alto de Simou. Esta arzén, por ser un camiño concorrido, deberíase pechar ao tránsito rodado (salvo para a entrada e saída dos habitantes destes lugares) creando e sinalando un roteiro pedestre moi interesante e tranquilo.
· Reordenación do sentido do tráfico e arzén de estacionamento na Pedreira e Prión. En xeral, esta mellora pretende un mellor aceso ás vivendas da Pedreira, como tamén aos Campos de Futebol da Pedreira.
· Mellora e adecuación dos acesos do final da autovía que sobe até a Pedreira. Reordenación do tráfico.
· Sinalización clara do Campo da Pedreira non só como complexo deportivo, senon tamén como sede do Galicia de Mugardos. Idem, da Asociación de Veciños Cruceiro de Meá (tal e como se fai no Concello de Fene onde son sinalizadas as sedes das entidades culturais e vizinais).
· Soterramentos das liñas de alta tensión e eléctricas, a comezar polas que estean a menos de cinco metros das vivendas.
· Metalúrxica del Atlántico (antiga Cachaza): Estas instalacións pódense reutilizar através dun convenio ben para usos como novo pavillón deportivo; e/ou como nova sede escolar infantil polas necesidades de prazas que ten o Concello.
· Dotación completa de contentores de lixo que permitan a recolla selectiva do lixo: vidro, papel e cartón, aceites e óleos, e non unicamente contentores para orgánicos e plástico nos seguintes lugares: nos Casás; no Rueiro-Serrón; na arzén compreendida entre a escola Loyola e os novos apartamentos da chamada Travesa da Academia-Xesteira; na Barca e na Pedreira.
· Soterramentos dos Contentores dos Catro Camiños, pois está a escola ao lado, e en xeral, fazer a recolla do contido destes contentores cada dez dias, pois ás vezes este arzén parece un vertedeiro.
· Retirada da antena telefónica da Xesteira, a menos de vinte metros da escola Loyola, na Rua Curros Enríquez.
Sem comentários:
Enviar um comentário