quarta-feira, 9 de maio de 2012

Este Sábado recuperaremos a Fonte das pedras Albas

Continuando co nosa laboura de melhora e recuperación do património do concelho, este sábado 12 de maio combinamos às 16:30h no bar que está ao lado da Igrexa de San Vitório para nos desplazar posteriormente a limpar de lama e de maleza a Fonte das Pedras Albas (así é como lhe chama a vecinhanza).

Segundo o historiador local Juan A. Carneiro Rey, sobre o nome da fonte apunta que: Unha das dificultades que se lle presentan ao investigador na localización de topónimos nestas fontes, responde ao feito de que os escribáns non sexan coñecedores da zona e van transcribir o nome de lugar tal como soa en boca do paisano. Isto pode desembocar nunha escritura do documento con certas alteracións como o seseo, gheada, ausencia de artigos, abreviaturas, etc. Temos por exemplo que o topónimo Pedras Albas se transforma por obra do escribán en Pedra Salva.

Quen queira vir axudarnos e descubrir esta fonte, pode achegarse ao sítio indicado ou diretamente á fonte na que estaremos a partires das 17 horas.

Sem comentários:

Enviar um comentário