PROPOSTAS O SEIXO

Propostas para O seixo de Mugardos na esquerda

O Seixo por non  ter un concello propio sempre contou con problemas para se cumpriran as súas necesidades. Nós tentamos recoller parte das demandas da veciñanza do Seixo de cara ao concello:

·    Os camiños están para andalos. Rehabilitación dos camiños de terra coa limpeza dos mesmos por parte da brigada municipal que se debe dedicar a este tarefa como mínimo cada 3 meses. Recuperación do camiño costeiro da Roiba entre O Seixo e Maniños cun convenio con costas para a súa conservación.

·    Amañar xa a estrada da Gallada (A Penela) e que fique co mesmo firme que o resto de estradas do Seixo.

·    Campo do Río precisa xa dunha rehabilitación integral coa creación de zonas verdes e a plantación
de árbores autóctonas. Conservación e rehabilitación do Campo do Río e do campo da Regueira.

·    Creación dun sendeiro litoral entre o núcleo urbano do Seixo e o Campo do Río, partindo da finca ao lado da antiga casa de Vello Piñeiro.

·    Creación dun parque con árbores autóctonas e estacionamento para vehículos no final do núcleo urbano litoral do Seixo (na finca que dá á estrada ao lado da antiga casa de Vello Piñeiro).

Estudar a posibilidade que os coches dos non residentes no vrao non teñan aceso ao peirao do Seixo,
rehabilitación das casas abandonadas e empedrado liso do núcleo histórico do peirao do Seixo.

·    Limpeza do curso dos ríos por parte da brigada municipal que se dedique a esta tarefa mínimo cada 3 meses. Limpeza e recuperación do río Ba impedindo que os desperdicios e contaminación do polígono de Vilar do Colo cheguen ao río e ao mar.

·    Os contentores de lixo que están á beira do petril da rampa do Seixo, soterralos ou mudalos de sitio. O petril utilízase moito para sentar e reunirse. É absurdo e pouco hixiénico ter os contentores xunto do espazo utilizado polos veciños para se reunir.

·    Beiramar está abandonado, cando hai un convenio entre a SAPG e o concello para o seu mantemento. Cumprimento do acordado e conservación do espazo.

·    No peirao do Seixo están facendo unha estación de bombeo na banda do Nordeste: gañase espazo,
mais falta pór na parte exterior as pedras que retiraron do petril. Hai que acabar ese peche, repoñer os firmes de pedra históricos e repoñer o petril.