PROPOSTAS CENTRO

MUGARDOS CENTRO



Propostas para Mugardos (vila) de Mugardos na esquerda

·    Clube do Mar: Instalación dun pantalán adaptado á prática do remo en altura e lonxitude para o aceso directo ao mar dende o clube. Mellora e ampliación do local para gardar as embarcacións así como a rehabilitación do edificio co adecentamento das duchas, vestiario e ximnasio. Ampliación das instalacións adicadas a gardar embarcacións. Realizar un convenio de colaboración entre o clube do mar e o concello que consistira en que o concello se encarga da rehabilitación integral do edificio para facer un local de usos múltiples deportivos e culturais convertendo o espazo nun local de uso municipal.

O concello se encarga de rehabilitalo e acondicionalo a cambio de que o clube do mar permita o seu uso á veciñanza do ximnasio e vestiarios baixo unha inscrición de usuarios empadroados regulada e cunha cota mensual mínima entre 4 e 10 euros en función da renda e persoas dependentes da veciñanza usuaria.

·    Casa do Mar: Posta en funcionamento cun centro de desenvolvemento marisqueiro e marítimo.

·    Biblioteca municipal: Requisitos do local: Con bastante luz do sol, céntrico, ben comunicado e que sexa só biblioteca. A biblioteca municipal de Mugardos precisa urxentemente para a sua supervivencia  mudar de local. Nós solicitamos o traslado inminente a Casa da Serea aproveitando a ocasión para que pase a mans do concello este edificio a rehabilitar; un dos edificios con maior valor patrimonial do centro de Mugardos.

Así mesmo, tería que haber como mínimo tres salas separadas entre sí, para que as actividades e ruídos dunha non repercutan noutra: Unha sala de consulta xeral, unha infantil e unha multimedia. O local actual pasaría a ser utilizado como arquivo do concello. Solicitar as subvencións existentes para poder levar a cabo o proxecto da nova biblioteca municipal de Mugardos.

Coordinación e actividades: Creación de espazos de colaboración conxunta entre as bibliotecas da comarca e a municipal. Activar mecanismos de colaboración en rede coas sociedades (“casinos”) para o préstamo e poder dar en distintas partes do concello os servizos de biblioteca sen se ter que desprazase a veciñanza a Mugardos (vila).

Persoal: Necesidade urxente de creación dunha praza a tempo completo de técnica de bibliotecas e de auxiliar de bibliotecas.

·    Casa da Serea: Rehabilitación para o seu uso como sede da nova biblioteca municipal.

·    Casa do Reloxo: Darlle uso municipal. Cesión ao concello do edifício por parte de Portos de Galiza e utilización como local de usos múltiples especialmente para a mocidade e a xente que anda ao mar.

·    Cine Zárate: Rehabilitación para facer un auditorio como centro de artes escénicas do centro de Mugardos.