Ante o desleixo do concello no mantemento de caminhos, lavadoiros, fontes, etc. decidimos levar a cabo por nós mesmos o seu mantemento.
Xa que logo este domingo dia 6 às 17h limparemos o lavadoiro de Noville, na parroquia de Franza, no lugar do Monte. Quen queira vir está convidado a nos axudar.
segunda-feira, 30 de abril de 2012
sábado, 28 de abril de 2012
Mugardos na esquerda denunciou a tala de árbores centenarios na estrada do Banho
Mugardos na esquerda denunciou a tala de árbores centenários na estrada AC-131, á altura da zona do Banho. Ines, integante da nosa asociación, presentou umha denuncia no concello e na Xunta pola tala destas árbores, dunha valor patrimonial incalculável para o patrimonio do concelho.
O xornal "Diario de Ferrol" facíase eco das protestas que estivemos levando acabo durante eses dias cumha publicación dumha notícia o dia 5 de abril de 2012.
O xornal "Diario de Ferrol" facíase eco das protestas que estivemos levando acabo durante eses dias cumha publicación dumha notícia o dia 5 de abril de 2012.
sexta-feira, 20 de abril de 2012
Roteiro polo rio Baa
Persoas de "Mugardos na esquerda" fixemos un roteiro polo rio Baa, un rio que atravesa a peninsula de Bezoucos, nos concelhos de Fene, Cabanas e Mugardos e que desenvoca no Seixo.
Toneladas de “áridos” asfálticos situados na canle do rio, no polígono de Vilar de Colo ameazan seriamente a saude dos vecinhos da comarca. A presenza de canceríxenos e mutaxénicos, que coas escorrentias estan a chegar às augas do rio Baa, que as depositará na Ria de Ferrol pasando de caminho por umha parte importante do noso concello e de paso contaminando o rio que da de beber aos vecinhos e vecinhas do Seixo.
Corrupción e intereses políticos fan posível que uns residuos letais poidan vir de Holanda e depositarse num território que é dun valor ecolóxico e cultural incalculável. Uns resíduos que ademais están formando parte xa dos recheos do polígono de vivendas do bariro do Bertón, ou no porto exterior.
terça-feira, 19 de julho de 2011
Mugardos na esquerda organiza unha charla sobre o dereito de autodeterminación

Mugardos na esquerda organiza un coloquio sobre o dereito de autodeterminación no que intervirá um membro da portavocia de Causa Galiza, entidade soberanista que agrupa a miles de persoas en favor do dereito de autodetermniación.
A charla terá lugar este mércores 20 de xullo ás 20:30h no centro cívico.
quarta-feira, 8 de junho de 2011
Acta da reunión de Mugardos na esquerda do domingo dia 5 de xuño de 2011

Acta da reunión de Mugardos na esquerda domingo dia 5 de xunho de 2011:
· Vozeiro informativo. Acordase realizarmos un vozeiro . O primeiro sairá o dia 12 deste mes e recolherá a seguinte información:
- Valoración do resultado electoral.
- Valoración da investidura.
- Novas actividades.
· Charlas previstas.
- O 22 de Xuño charla sobre “A problemática do trasporte no concello de Mugardos: mobilidade e sustentabilidade” (propostas para cubrir as necesidades da vecinhanza e a súa sustentabilidade, a crise enerxética e alternativas ao modelo de mobilidade actual). Falará Martiño, umha das persoas que fixo o plan de mobilidade da comarca do Morrazo mais Xan Duro, portavoz de Verdegaia.
- O 20 de xullo charla sobre “O dereito de autodeterminación” (a charla é eminentemente pedagóxica onde se explicarán as preguntas frecuentes sobre o dereito de autodeterminación). Falará un membro da portavocia de Causa Galiza e umha persoa de Mugardos na esquerda.
· Economía. Abrimos umha conta para facermos os ingresos dumha cota mensual para as persoas que formamos parte de Mugardos na esquerda. O número de conta de Novacaixa galicia é o seguinte: 2091 0205 39 3000080436 e o titular é “Alternativa galega de esquerda Mugardos”.
As cotas son ao mes: 2€, 5€, 10€, 20€ ou á vontade. En función da situación económica e vontade de cada quen que lhe dea orde ao seu banco para realizar o ingreso trimestralmente (para pagar menos comisións) da cota elexida. (Por exemplo, se quero ingresarlhe a Mugardos na esquerda 5€ ao mes, doulle orde ao meu banco para que ingrese 15€ cada 3 meses).
· Novos contactos. Acordase que se envíen contactos á lista de persoas simpatizantes para enviarlhes as nosas actividades e publicacións. Faise um chamamento para que se envien contactos de simpatizantes (telefones e correios eletrónicos).
· Web e facebook. Acordase renovalas mais amiúdo. Neste sentido acordase escribirmos artigos de opinión das persoas de Mugardos na esquerda e próximas á iniciativa.
· Varios. Acordase abrir contactos coa xente de Fene para axudar a impulsar “Fene na esquerda”. Contactaremos coas persoas de Fene que nos comentaron que queiran comezar para nos reunir con eles.
Subscrever:
Mensagens (Atom)