segunda-feira, 16 de maio de 2011

5. Traballando na re-construción nacional da Galiza

A partir dos Concellos podemos edificar de abaixo para cima a unidade popular. A loita pola autodeterminación constituen tamén un obxectivo fundamental da Alternativa galega de esquerda, en consequéncia, é un eixo da nosa acción política. O proxecto da Alternativa galega de esquerda Mugardos na Esquerda obedece precisamente à necesidade existente na concello dun organismo popular que defenda e realize umha prática política decididamente soberanista e de esquerdas. Fai falta construir umha alternativa de esquerdas ao actual governo municipal que demonstrou que tal etiqueta non se corresponde con umha prática cotidiana inzada de políticas de caráter liberal.

A Alternativa galega de esquerda Mugardos na Esquerda presentamos un proxecto que defende un Mugardos de esquerdas, un Mugardos autodeterminista, un Mugardos dos seus cidadáns e cidadás, onde os políticos non sexan simples xestores do sistema senón militantes ao servizo da transformación social. un Mugardos onde se defenda sen complexos o direito da Galiza a decidir livremente o seu futuro, sen imposicións nen inxeréncias.

Apostamos numha forma de facer política que desenvolva práticas verdadeiramente democráticas para conseguir un concello integrador e socialmente igualitário e onde, ao mesmo tempo, se respeite sempre a diferenza. A Alternativa galega de esquerda Mugardos na Esquerda apresenta un modelo de concello en que a defesa da liberdade dos povos sexa umha realidade. A construción nacional da Galiza tamén se ten de facer desde os Concellos, promovendo políticas en defesa da língua, a cultura e a identidade nacional galega partindo sempre da coeson social e o sentido de comunidade. Fai falta pois un firme compromiso do Concello e dos seus representantes na defesa do exercício democrático do direito à autodeterminación.

Traballamos por un município ao servizo da re-construción nacional da Galiza, non tan só desde políticas sectoriais concretas, mas tamén desde campos como a organización administrativa, a coordenación supra-municipal ou o papel político dos concelleiros e concelleiras. Fai falta avanzar na construción dumha sociedade galega plenamente livre e solidária e dumha alternativa política de libertación para o conxunto das clases populares galegas.

5.1. A reforma do actual cadro constitucional

- Traballar pola superación do cadro xurídico-político definido pola Constituición pósfranquista de 1978 e despregado polos diferentes Estatutos de Autonomia vixentes no território galego, Ley de Bases de Rexime Local e resto de normas sectoriais en vigor no noso país, dado que apresentan défices democráticos inasumíveis numha óptica de defesa das liberdades e da soberania popular.

- Adopción de mocións e outras declaracións públicas en favor do recoñecimento e do exercício do direito à Autodeterminación da Galiza e de solidariedade co resto de nacións sen Estado e do seu direito à liberdade.

- Promover o direito à livre federación dos nosos municípios e administracións comarcais no ámbito xeográfico da nación galega e o recoñecimento xurídico e político de paróquias, comarcas ou mancomunidades de municípios a fin de racionalizar gastos e avanzar face o equilíbrio territorial da Galiza. Neste senso, temos que resgatar e restaurar a personalidade histórica dumha comarca natural tan definida como Bezoucos, integrada por trés concellos: Mugardos, Ares e Fene,

- Reclamar un aumento dos recursos e competéncias dos municípios (ou no seu caso por comarcas ou mancomunidades) como administracións máis próximas aos cidadáns e cidadás e portanto máis coñecedoras das dinámicas sociais e mais submetidas ao control democrático do povo e en favor da substituición da función das Deputacións Provinciais, que deven desaparecer. Neste senso, loitaremos contra o contínuo corte do financiamento aos Concellos coa escusa da crise.

5.2. Umha administración ao servizo do povo

- A definición e posta en marcha de critérios para umha administración transparente, desburocratizada, áxil e eficaz que pasan por garantir umha información municipal clara e obxectiva, articular mecanismos de control e participación popular, facer mais fácil o aceso aos servizos e instalacións municipais, responder de maneira sistemática as demandas cidadás, etc.

- Ante a ofensiva direitista e demagóxica que promove as privatizacións, a Alternativa galega de esquerda Mugardos na Esquerda defende a manutención e crescimento dos servizos de titularidade pública, co envolvimento directo dos cidadáns e cidadás no seu planeamento e xestom.

- Umhas políticas de contratación de persoal transparentes, livres de clientelismo e decididas polo pleno municipal.

- Potencializar a reciclaxe e a formación do persoal municipal para promover asi un mellor servizo e atención à veciñanza.

- Reclamar a substituición dos corpos e forzas de seguranza españóis por umha Polícia Municipal desmilitarizada, submetida ao controle democrático dos cidadáns e entendida como servizo à poboación, à defesa das liberdades individuais e do interese coletivo (persecución de delitos ecolóxicos, imobiliários, sócio-laborais, etc.) Por outra parte, o Concello fomentará entre a veciñanza a insubmison e a non participación nas forzas represivas e militaristas do capital (polícia, Garda civil ou exército) que só serven para manter o statu quo dos poderosos.

- Despregar umha política de Fazenda Municipal sob critérios de xustiza distributiva para todos os veciños e veciñas, promovendo isencións tributárias para os coletivos máis precisados e as entidades populares e aplicando taxas finalistas para o reequilíbrio económico e ecolóxico. Estabelecer mecanismos de controle e racionalización do gasto corrente e supérfluo.

- O galego, Língua Oficial de Mugardos: Temos a obriga de garantir a completa galeguización da administración, habilitando os mecanismos necesários para conseguir que o conxunto de cidadás e cidadáns teña aceso ao uso da nosa língua. Facer recoñecer a validade dos documentos municipais redixidos en galego desde o consistório.

5.3. Normalización no uso da nosa língua

Para a normalización do noso idioma cumpre exixir e aplicar legalmente a igualdade de direitos e deveres en todos os ámbitos coa língua española. Temos umha língua própria, asi denominada e recoñecida autonómicamente polo nosso Estatuto (palavra que cumpre saber que deriva de Estado). Portanto, o galego deve recuperar o seu espazo próprio e o seu status, e talvez a única maneira real e posível da nosa língua se restaurar no seu território sexa, en exercício dos mesmos direitos, implementarmos a mesma política linguística que se aplicou e aplica co español. Isto seria o máis normal, o verdadeiramente xusto e democrático.

Ben sabemos, tamén, que o idioma español nen é nacido nen é próprio desta terra, apesar deste estar ben presente e normalizado na nosa terra. E isto pode ser e é asi unicamente grazas a sua imposición política pura e dura. Efetivamente, a única imposición existente na nosa terra é a imposición cultural e linguística dumha língua estranxeira como o español. E asi comprovamo-lo dia-a-dia na Xustiza, na Igrexa, na Escola e na Universidade, na Sanidade, na Administración, na Empresa, etc. que non falan galego, senón a língua dos poderosos. O español é a língua do patrom, a que se impon socialmente e monopoliza exclusivamente o poder, a língua que abranxe todos os sectores que marcan a pauta social e económica. Neste senso, é absurdo falarmos da imposición do galego na nosa Terra, pois o galego é a nosa língua nacional, o idioma natural e consubstancial deste território peninsular. Ou é que se impon o español aos castellanos de Toledo !? Se os nenos e nenas falasen en galego seria umha situación normalizada non impositiva. Oxalá fose asi, mais ben sabemos que non tal. Na Galiza é labor imposível desenvolver umha vida normalizada no idioma do país, mais isto mesmo é ben posível e normal no idioma imposto no país.

Mugardos ainda mantén umha base social e popular que mantén viva a nosa cultura e a nosa língua, con umha presenza importante que cumpre apoiar e fortalecer decididamente. Porém, cumpre sermos máis civilizados que os governos asimilistas españóis de dereita e pseudo-esquerda, dos actuais PP e PSOE fóron e son connosco, porque o noso idioma merece moitísima pedagoxia para a sua recuperación, e porque Nós somos contra da uniformización cultural, somos xenuínos partidários do multiculturalismo e do cosmopolitismo que nos poden dar todos os povos do mundo, incluindo as culturas migrantes presentes na península. Mais os

galegos e galegas temos como obriga normalizarmos no país o noso idioma, torná-lo de uso normal polo noso povo, da mesma maneira que o castellano se ten que normalizar en Gibraltar ou Porto Rico (ou acaso é normal que un gibraltareño ou portorriqueño teñan o inglés como língua própria?). non se vai desatender o ensino e presenza doutros idiomas. Nós queremos, e moito, o castellano. Calquer persoa sabe que se corre máis con duas pernas que con umha, mais na Galiza obrigam-nos contra-natura a camiñar e vivir en español...

Defendemos que o noso idioma sexa o único idioma oficial da Galiza e claro, do Concello de Mugardos, como o español o é de Madrid ou Almeria. O idioma oficial da nosa administración e o veicular dun ensino verdadeiramente polilíngue. un só idioma, o galego, con todas as funcións sociais para o seu território, a Galiza. Porém, coa total liberdade de as persoas falaren no idioma que quixerem, e até seren atendidas individualmente no idioma da sua preferéncia.

A língua é un asunto moi importante para o mantemento da nosa cultura e da nosa identidade como povo, polo que cumpre un verdadeiro esforzo colectivo dos mugardeses e mugardesas na sua preservación, para a sua restauración de usos sociais e para o entregar as novas e vindeiras xeracións o manteren vivo. Posuirmos umha língua própria reforza a nosa identidade, socializa-nos arredor dun proxecto común e situa-nos perante o cenário da xenuína globalización e dos novos tempos, co conseguinte valor económico, político e social.

En matéria de língua propomos:

- A política lingüística para ser eficaz e digna ten que ser transversal, deve estar presente en todas as áreas municipais, deve ser parte consubstancial de todo o labor municipal, de toda acción política de cara aos veciños e veciñas. Todas as medidas e actividades desenvolvidas ou apoiadas polo noso Concello, feitas polos edis ou pólos funcionários deveran seguir esta pauta normalizadora. O emprego normalizado do galego será a marca distintiva dumha política municipal inovadora, dumha política social e económica exemplar, dumha acción feita con e polos veciños e veciñas do Concello.

- Na procura dumha política equilibradora da posición e da consideración social do galego, e como garantia da capacitación nel das novas xeracións, o governo de Mugardos deve dispor dos recursos necesários (económicos, tecnolóxicos e humanos) para o seu eficaz desenvolvimento. Estas actuazóns non deven se reduzir ao ámbito educativo (apesar da sua importáncia capital), senón que deven ir dirixidas ao conxunto da sociedade, procurando concitar a colaboración activa dos axentes civis e da veciñanza. O funcionariado e o conxunto das instituicións e servizos públicos deven estar suxeitos a especiais obrigas de capacitación e de uso do galego, en función dos direitos que os cidadáns (os galegofalantes igual ca os castelanfalantes) teñen recoñecidos.

- Fomento das actividades encamiñadas à normalización do uso social do Galego no ámbito local. O Concello deve facer políticas de incentivación do uso da nosa língua en todos os ámbitos para estabelecer esta transversalidade precisa para a normalización do Galego, fuxindo da ideia de reduzir a política linguística à alfabetización ou a cultura. Priorizar a adxudicación de subsídios a iniciativas focadas à aprendizaxe e acollida en Galego dos e das novas concidadáns provenientes da imigración. Neste senso, realizarám-se Cursos de Língua e Cultura Galega a imigrantes, en horário pós-laboral.

- Criar comisons de seguimento que velen pola normalización linguística dentro e fora da administración e que coordenen as diferentes accións e campañas de promoción do uso da nosa língua.

- A comun identidade do galego e do portugués, a nível científico induvitável, e recoñecida cada vez máis abertamente a nível político, mesmo por sectores da oficialidade, o que precisa, alén de afirmacións teóricas de apoio, é de medidas práticas que a consoliden no noso país, na teoria e na prática, como umha língua maioritária, extensa e útil. O galego é a terceira língua máis falada da Europa. Neste senso: Implementará-se en todas as escolas municipais o ensino da língua portuguesa, ben como segunda língua, ben como complemento das aulas de língua galega. Instará-se o governo galego para que se poda receber o sinal das rádios e TVs de Portugal e outros países de fala galega na nosa comarca. Pode-se aproveitar a presenza das antenas no Montefaro, para equipá-las e adecuá-las para a boa recepción e re-emison das radios e TVs de fala galego-portuguesa na nosa comarca através da habilitación dun novo Múltiplex −Canal de frecuencia radioeléctrica que permite albergar vários programas dixitais de televison (de 4 a 6) e outros servizos dixitais (dados, internet, etc...) grazas ás técnicas de compresom. Cumpre subliñar que o sinal de Montefaro é percetível en Portugal, mais non ao contrário. Fomentará-se a maior presenza no noso Concello e intercámbio de produtos culturais (obras de teatro, grupos de música, editoras, ...) provenientes dos países de fala galega. Retiro do Veto para uso institucional e social das outras variantes da nosa língua: Poderá-se usar a nível interno e externo desde o Concello, asi como poderán se apresentar e optaren a axudas municipais tamén, todo o tipo de iniciativas grafadas coa grafia histórica do galego, en galego extenso. O “nh” e o “lh” son grafias históricas galegas que cumpre restaurar na nosa língua.

- Auténtica Recolla da Toponímia de toda a península de Bezoucos.

5.4. Protagonismo político dos representantes municipais

- O estabelecimento de órgaos de traballo setorial de alcance nacional que agrupen representantes municipais dos concellos da Galiza para traballar propostas políticas comuns nos ámbitos cultural, territorial, social, ambiental, lingüístico, etc.

- O apoio a umha Asembleia Permanente de Concelleiras e Concelleiros da Galiza, como órgao representativo e consultivo do poder local a nível nacional e como embrión dun futuro órgao de poder popular, a Asemblea Nacional Popular da Galiza.

- Comezar a construir umha Rede de Municípios da Galiza, como órgao municipalista que supere os 315 atuais termos municipais da CCAA (e acolla tamén aos da Galiza histórica) como xermolo dun órgao de poder popular galego.


4. Participación veciñal

No actual cenário de democracia representativa afirma-se que a participación política dos cidadáns e cidadás é através de mecanismos como o voto ou a participación en organizacións partidaristas. A democracia implica por eséncia a presenza pública dos cidadáns na organización e a dirección do governo. De entrada mediante as liberdades individuais e os direitos colectivos, en particular o direito à liberdade de expresom, a separación de poderes, a formación de partidos políticos e as elecións para designar os representantes populares nos diversos níveis de decisom.

É cada vez máis visível que este tipo de mecanismos resultan claramente insuficientes para facer frente a importantes défices democráticos patentes na pésima articulación entre profisionais da política e a veciñanza. Nos oitenta a burocracia dos novos governos municipais centrou os seus esforzos na consolidación da organización dos partidos e a administración. Construiu-se un modelo de democracia local que enfatiza a eficiéncia da dirección política e a consolidación da representatividade das suas instituicións.

Por outra parte, nos últimos anos, viu-se un descenso importante da participación tanto nos partidos, como nas elecións. en contrapartida proliferan as plataformas finalistas face obxectivos concretos apesar de que o tecido asociativo, que tradicionalmente exercera un importante peso na tarefa dos movimentos sociais, se debilita de forma desigual nas democracias ocidentais. Esta rede asociativa continua sendo o espazo mais direto onde os e as cidadás poden exprimir-se con maior intensidade e é nesta liña onde é posível umha vinculación mais recíproca entre cidadania, governo local e administración.

As tradicionais propostas emancipadoras parecen ter entrado en crise. É un facto significativo que esta crise acompañou un proceso de fortalecimento dos poderes executivos na administración e, de maneira destacada, na organización dos partidos. E é tamén significativo que o desencanto dos cidadáns a respeito da militáncia política, o abstencionismo, a formación de plataformas muito finalistas e de alcance concreto, ben como as resisténcias corporativas a calquer mudanza avanzaran paralelamente à quebra dos partidos como estruturas que reunen cidadáns e cidadás interesadas pola cueston pública, que recollen estados de opinion e fan propostas ao conxunto da sociedade. A lexitimidade do sistema político declina xunto dos níveis de interese e participación. Asi, procurar novos mecanismos de participación é o obxectivo central para traballar directamente nas políticas públicas.

4.1. Por un Mugardos onde o povo participe e decida

- Incorporar a voz dos axentes sociais para estimular a consecución de determinadas políticas. Os rendimentos poden ser máis altos que os que a administración por si soa estabeleza. Fai falta posibilitar o aceso aos mecanismos de participación dos grupos socialmente infra-representados como a imigración, as mulleres, a infáncia, a xuventude e a xente maior.

- Promover as redes asociativas como espazo de formación de cidadáns e cidadás informadas e de desenvolvimento de recursos que faciliten a participación. As asociacións erixem-se en espazo de reflexon para defender os intereses colectivos e sobretodo para xeraren confianza na acción colectiva. Fai falta evitar a perda a capacidade de debate nas asociacións se estas se ven asimiladas polas instituicións municipais.

- Posibilitar mecanismos que permitan a Creación de vínculos directos da administración coa comunidade local como, por exemplo, as Asembleias de Viziñ@s.

- Incidir na cultura da participación através dun compromiso potencializado já desde a escola através de iniciativas que fomenten este tipo de práticas.

- Mellorar a visibilización e abertura dos procesos participativos através dos meios de comunicación independentes e un maior investimento económico e organizativo.

- Medidas para a dinamización do movimento xuvenil como a Creación dun Consello da Xuventude que responda às necesidades dos mozas e mozos como coletivo. Os programas específicos, planos integrais e, sobretodo, o Plano Local de Xuventude deven organizar-se contando coa participación da mocidade, empregando mecanismos que incorporen @s mozas e mozos organizado@s e non organizad@s de Mugardos.

- Potencializar a participación social das mulleres. À hora de se dirixir às entidades de mulleres de Mugardos, o Concello non se pode limitar à sua rede mais imediata de entidades oficializadas como partidos políticos parlamentares, os sindicatos estatais, as entidades vicinais, etc. Estas tamén han ser, mais non só: fai falta dirixir-se a todas as mulleres a título individual e as entidades, rexistradas ou non formalmente, que despregan a sua actividade diária no noso concello.

- Fomentar un modelo de participación inclusivo integrando as A.V e outras entidades presentes na concello. Este modelo poderia propor-se en termos de consenso. Os mecanismos de participación galegos seguen a prática española de decidir através dun sistema de maiorias que é pouco axeitado para criar proximidade.

- Fai falta promover un Consello temático para cada área marcada no Regulamento de Participación Cidadá.

- Estabelecimento de cotas ou percentaxes de actividades nas concellarias que podan ser consultadas ou decididas através de mecanismos participativos. Do Regulamento Municipal desprendem-se direitos teóricos mais pouco aplicáveis se non é con verdadeira determinación. Até a actualidade a política neste ámbito foi de boas palavras mas sen verdadeira vontade de transformación. Fai falta regular as experiéncias participativas e promover a sua aplicación e posterior avaliación.

- A vontade política real polo despregamento de medidas de promoción da democracia participativa, desde a co-responsabilización coa sociedade civil na definición e xeston de proxetos, até a adopción de mecanismos tanto consultivos como vinculantes (asembleias de viziñ@s, referendos e consultas populares, orzamentos participativos, etc.).

- Precisamos dumha nova dinámica institucional evitando a praga do burocratismo. Que o propio concello sexa umha instituición que soluciona os problemas dos viziñ@s e non quen os cria e perpetua.

- A nível xeral cumpre un entendimento institucional na nosa comarca de Bezoucos. Apostamos por Mancomunar servizos cos concellos de Ares, Fene e Cabanas para aforrarmos

diñeiro e poder investirmos na Creación de emprego no concello.

4.2. Asembleas de Veciños e Veciñas

- Creación de Asembleias de Viziñ@s. As Asembleias de Viziñ@s son umha ferramenta que proporciona aos participantes níveis de información sobre a temática en que se quer incidir superiores às posibilidades individuais de aceso à información através das explicacións de actores políticos implicados na cuestom, técnicos da administración e expertos independentes. A neutralidade dos actores que interveñen na preparación e realización dos Asembleias de Viziñ@s deve ser uns dos obxectivos principais deste tipo de iniciativas. Fai falta permitir a participación de todos os actores que se consideren afetados na queston e evitar filtros de opiniom.

- Fomentar este tipo de experiéncias na sociedade para promover e estimular o envolvimento veciñal e facer parte da tomada de decisons, acercando o cidadán ou cidadá ao ámbito político e, indiretamente, à sua governación local.

- Potencializar grupos de discuson incentivados polo governo local que con certa frequéncia poñan en discuson temáticas vinculadas co concello. en definitiva, promover iniciativas deste tipo con un custo económico mínimo, que proporcionan información a modo de enquisa de opinion e manteñen os cidadáns con un nível de envolvimento que pode ser estimulador e criador de capital social.

- Criar medidas que eviten o uso partidarista ou governamental destes mecanismos para mellorar os resultados eleitorais, criar imaxe positiva de governo e incluso desactivar o protesto e a mobilización social. Umhas asembleias organizadas externamente, que propoñan un abano de informacións variado, neutral e baseado en posturas independentes que faciliten maior transparéncia informativa, pode contrarrestar esta opción de manipulación.

- Cumpre promover a ideia da complementaridade neste aspecto, permitindo a participación das asociacións e grupos organizados que queiran colaborar.

4. 3. Orzamentos participativos

- Os orzamentos participativos constituirám-se como un dos principais mecanismos de democracia participativa real e efetiva. Fai falta mellorar os mecanismos de difuson destas ferramentas para achegar a participación aos cidadáns. Utilizaremos este mecanismo para que a veciñanza decida nos lugares do concello en función do orzamento que contemos destinado a cada localidade.

4.4. Medidas xerais en prol da Tranparéncia Governativa

É frecuente a recusa de prestar información acerca da actividade do executivo, e de fornecer documentación en mao aos veciñ@s. A transparéncia sendo un obxectivo político, é tamén un acto administrativo, e como tal ten de ter un procedimento administrativo con umha persoa responsável pública decorrente das suas funcións administrativas no Concello e que non sexa non eada polos partidos políticos.

Dumha forma xeral propom-se a transferéncia para a esfera administrativa o dever de prestar información relativa a actos oficiais aprovados e/ou xá praticados, como forma de retirar à esfera do político a xeston da información e asi poder permitir a fiscalización atempada de todos estes actos. Propomos:

- Propomos a disponibilización mensal de relatórios e balancetes de execución da responsabilidade dos servizos administrativos do noso Concello para consulta pública. Todos os Concursos Públicos e todos os actos administrativos estarán en Boletin Municipal e no web municipal.

- Propomos que estes relatórios sexan dirixidos e enviados en formato eletrónico a todas as entidades sociais do município e aos veciños e veciñas a quen diga respeito. Para esta tarefa de envio dos documentos e información ao movimento veciñal e aos cidadans, solicitada ou non , haverá umha persoa responsável administrativa.

- Iden no relativo ao Orzamento e sua execución; cuxa descrición deve ser clara e ordenada, con sua clasificación económica e orgánica, en que medidas e en que departamentos do Concello se prevé gastar determinadas cantidade, ben como por onde se irán arrecadar os respectivos ingresos; o mesmo das axudas e subsídios outorgados; e todos os gastos de finalidade social.

- Iden no relativo aos Salários Municipais e membros e membras do Governo: Exposición pública dos ingresos recebidos à conta do Concello por todo o persoal municipal e dos edis do governo municipal.

- Obrigatoriedade do município manter un sítio actualizado na Internet con espazo próprio para o acima referido, asi como as actuacións máis recentes desenvolvidas. Aqui figurarán as actas dos Plenos, o Orzamento, os Bandos, PXOU, e o Relatório de Actividades dos cinco anos anteriores. Propomos ainda a colocación no sítio web de Mugardos do Inventário de Bens do Município, e de espazo para cada grupo municipal (que sexa xerido por estes), cos contactos de cada grupo municipal e respectivos edis. Outra información complementar interesante seria os enlaces e contatos do movimento asociativo municipal.

- Produzir e Publicitar do xeito referido un Relatório anual sobre a actividade de cada servizo municipal a ser apresentado nun Relatório de Actividade Global do Município.

- Responder en 15 dias às cuestons feitas polos grupos municipais Comprometemo-nos ainda a facultar a todos os cidadás meios de aceso às novas tecnoloxias de información para que podan entrar e receber novas municipais, e tamén a divulgar e dar voz no Concello e no web municipal às suas aspiracións, proxectos e actividades culturais, desportivas e asociativas.

- Habilitación do Rexistro Municipal Eletrónico de Mocións ou Propostas Cada viziño do município vai poder facer demandas, reclamacións, suxeréncias, etc. sen pisar a casa do Concello através do rexistro eletrónico, onde através de internet e preenchendo uns escritos-modelo de modo simples formula a sua demanda perante o Concello.

3. Património, cultura e memória histórica

A cultura é un dos elementos principais à hora de construir o modelo de sociedade que desde o soberanismo galego estamos a defender. Entendemos que a cultura deve ser para os e as cidadáns un medio de relación social e participación, de diálogo e reflexon comun que nos permita recoñecer-nos como persoas e coletivamente como galeg@s. A cultura é portanto umha ferramenta de profundización democrática e vertebración social.

Ao noso entender, o obxectivo da política cultural municipal deve facer do nosso concello un factor chave na revitalización cultural do noso país através do envolvimento de todas e todos os cidadáns. O Concello non deve suprir nen dirixir a sociedade civil, protagonista principal da vida cultural, senón que ten de traballar por asentar umhas sólidas bases sobre as que o tecido asociativo, a administración pública e as iniciativas particulares podan construir un proxecto cultural enriquecedor e liberador para o conxunto da poboación.

Nada é mais daniño para umha sociedade que umha concepción parcelária da cultura e a sua utilización como arma eleitoral. É a política quen ten de se pór ao servizo dun proxeto de enriquecimento cultural coletivo. Por isto, a política cultural deve partir do princípio de facer o município partícipe da vida cultural, velando para evitar a dualización da sociedade, levantar o patamar de calidade na produción cultural e artística e estabelecer mecanismos de socialización deste património comúm.

O planeamento democrático da política cultural teria de permitir definir de maneira consensuada e coa co-responsabilización da administración e a sociedade civil, o conxunto de elementos necesários para conseguir estes obxectivos. Cumpre acabar coa clientelización da vida cultural da concello, entendida esta como a compra de vontades através dos subsídios e o favor, evitando atitudes paternalistas e controladoras por parte da administración municipal face o tecido asociativo e cultural.

- Creación do Museu Romano Caldoval: Construción dun Museu na cuneta de Caldoval sobre a presenza romana en Mugardos.

- Restauración de todas as Fontes e Lavadoiros do Concello e cursos de auga e mananciais que lle dan auga. Se se levan a cabo a corta de eucaliptos proposta noutra epígrafe, as fontes e lavadoiros abofé que van ter auga a canadas.

Restauración da Fonte de S. Xoán de Piñeiro e o regato de lavar que están actualmente en estado de abandono.

Restauración dos rios de lavar de Franza, Iden dos Lavadoiros da S.Vitório, Souto da Baixa e Canta-a-Rá e Iden das Fontes de S. Vitório, Noville, Camiño Penso e Camiñ das Torres Reitoral.

Restauración da Fonte da Rega e da Fonte de Santo António en Simou.

- Recuperación para usos sociais e didáticos de todas as instalacións militares en estado de abandono presentes no noso Concello e comarca que fóron ocupadas polo exército español.

Sempre en defesa da cultura popular, do noso património e dos nosos símbolos.

3.1. Memória histórica

- Erradicar toda presenza no espazo público e institucional de todas as referéncias e de toda a simboloxia da ditadura fascista do xeneral Franco, de militares xenocidas e de calquer outra referéncia estreitamente ligada à negación dos direitos individuais e colectivos do noso país. Neste senso, derrubará-se a cruz fascista do Peteiro.

- Derrogar igualmente aquelas medidas institucionais que tivesen como fin o activo ou pasivo apoio e/ou louvanza de accións contra a liberdade dos povos e das persoas.

- Retirada do uso municipal do título de Real Vila e pasar a denominarse unicamente Concello de Mugardos.

- Medidas encamiñadas ao recoñecimento e à difuson da actividade dos e das mugardesas falecidas en defesa das liberdades democráticas e nacionais.

- Estabelecer rotas de promoción cultural dos cenários do Xenocídio en Mugardos e a comarca. Dinamizá-las a nível cidadá, turístico e educativo como património próprio da nosa memória coletiva.

- Restituición da memória histórica das mulleres. Existe umha abismal diferenza entre os non es de ruas de Mugardos dedicados a homes e os dedicados a mulleres. Renden homenaxe a mulleres significadas por méritos profisionais, artísticos, políticos e sociais.

- A comison encarregada do non énclator de ruas e prazas da concello contará con umha representante permanente da Concellaria da Muller que, en contacto coas entidades e mulleres da concello, recollerá propostas de non es de mulleres significadas en diferentes ámbitos e épocas, con excluson expresa das mulleres aditas a reximes fascistas. Esta representante contribuirá à listaxe de non es e a comison aprovará os que ache oportunos en número suficiente (50% serian umas 198 ruas) para conseguir umha paridade real co número de non es de ruas dedicadas aos homes.

- Desenvolver campañas de sensibilización, actas de homenaxe, rotas das mulleres e outras actividades para tirar do esquecimento as mulleres e especialmente aquelas que loitaron para defender os valores de xustiza, igualdade e libertación nacional, social.

3.4 Apoio ao tecido sócio-cultural

- Asumimos como próprias aquelas manifestacións culturais da concello produzidas polo tecido asociativo existente e que teñan carácter enriquecedor e transformador para todas as e os cidadáns. É imprescindível umha política cultural popular non elitista comprometida coa realidade local e coa realidade nacional da Galiza.

- Asesoramento e apoio a todas aquelas iniciativas culturais non institucionalizadas que hoxe teñen difícil desenvolvimento, fundamentalmente, por caréncia de recursos.

- Posibilitar a participación dinámica de todas as entidades culturais da concello no Dia da Pátria, concretamente na organización dos actos e a xeston dos balcons para promover o auto-financiamento das entidades.

- As políticas no ámbito da cultura deven ter a intención de promover a extenson do uso do galego e o desenvolvimento da consciéncia nacional sobre a base da coeson social e o sentido de comunidade. O Concello promoverá a interrelación das e dos cidadáns do território nacional através de, por exemplo, intercámbios entre entidades de diferentes concellos.

sexta-feira, 6 de maio de 2011

Governanza Municipal. Propostas básicas de "Mugardos na Esquerda"

O principal problema de Mugardos é o desemprego e a fixación de poboación nova. Consideramos que desde o Concello podemos abrir oportunidades para a creación de emprego, para podermos vivir e desenvolver a nosa vida na nosa terra, o que faltan son ideas e vontade. Para iso propomos crear nós mesmos o noso futuro sen ter que depender de grandes infraestruturas ou de se unha empresa foránea decide ou non construír un barco nos estaleiros da ría. Transformaremos o Concello nun factor de creación de riqueza, xerador de postos de traballo e do asociacionismo produtivo.Temos que pór en valor a riqueza do territorio, sacarlle a rendibilidade que nos permita ter unha boa calidade de vida, sempre respectando o medio do que formamos parte.



  • Queremos un Concello transparente no seu funcionamento, que xestione os bens e recursos municipais en beneficio da maioría.


  • Queremos modificar as retribucións de alcalde e edís, eliminando os salarios por dedicación agás se renuncian a outro externo ao concello; ese salario interno nunca sería superior ao que percibirían fóra. Ser edil non é cargo obrigatorio, polo que polo seu traballo municipal só deben ser pagados os gastos que teñan nas súas funcións ou a exclusividade verdadeira, reducindo ou eliminando as retribucións por asistencias a plenos, comisións, etc.


  • Queremos revisar e igualar as retribucións e as relación laborais do persoal municipal,pois hai funcionariado,con contratos indefinidos,contratos temporais, contratos de obra, …


  • Queremos abrir dúas horas unha mañá á semana unha oficina municipal nos locais das sociedades veciñais de Franza, O Seixo e San Xoán, evitando dese xeito moitos desprazamentos á Casa do Concello.


  • Queremos renegociar coas entidades financeiras as débedas que poida ter o concello, esixir prazos máis dilatados, menores cotas, …


  • Recurriremos a proveedores locais para todo tipo de produtos e servizos, primando en igualdade de condicións a ubicación empresarial ou comercial no termino municipal. Renegociaremos á baixa calquera contrato de mantemento e vixiaremos o seu cumprimento. -Queremos fixar e atraer poboación. No territorio do concello, especialmente na vila de Mugardos, hai hoxe un excesiva oferta de vivendas “en vertical” (pisos) froito dun urbanismo absurdo, especulativo, desordenado e pouco imaxinativo. Pola contra, tanto na vila como por todo o territorio municipal hai centos de casas unifamiliares pechadas, moitas delas en estado de abandono. Faremos a relación de casas pechadas e abandonadas para comunicar cos propietarios, “instalos” a amañar e senón proceder á expropiación, nos dous casos para convertilas en vivendas en réxime de aluguer, aluguer con dereito a compra ou venda directa, preferiblemente para xente nova.


  • Queremos racionalizar as normas e planeamento urbanísticos, hoxe comestos por sospeitas de corruptelas e arbitrariedade. Vixiaremos estritamente o cumprimento de prazos nas obras públicas.


  • Os servizos básicos (auga, recollida de lixo, obras menores, ensino, saúde, cultura, …) deben manter ou recuperar o seu carácter municipal; novos servizos como a piscina, deben ter unha xestión que beneficie á veciñanza. Só o público é servizo, non queremos que outros se aproveiten dos nosos recursos para o beneficio persoal ou capitalista.


  • Potenciaremos o autoemprego. Mugardos viviu toda a vida do sector primario, da terra e do do mar, xunto con pequenas industrias e os salarios do sector naval. Din os políticos burócratas que o concello non ten capacidade para xerar emprego, e por iso os gobernos municipais só tentaron atraer empresas privadas, sen ter en conta as consecuencias negativas que esas industrias “de enclave” poderían causar ao medio e a saúde das persoas como acontece co Reganosa. Nós, pola contra, si cremos na posibilidade de crear emprego digno por parte da Concello, ben directamente ou pulando e organizando os recursos.


  • Queremos recuperar as terras ociosas hoxe a campo e as facer rendíbeis, creando postos de traballo dignos. Impulsaremos unha empresa pública ou cooperativa de explotación agro-gandeira-forestal, dunha horta escola e dunha granxa escola municipais.


  • Queremos recuperar e conservar os bancos marisqueiros, impulsar unha empresa pública ou cooperativa de explotación marisqueira.


  • Queremos crear unha comisión potenciadora de micro-empresas municipais, dunha empresa pública ou cooperativa de coñecemento do medio e do patrimonio.


  • Queremos crear escolas cooperativas municipais de obras e de reciclaxe.


  • Queremos preservar o tecido comercial mugardés frente à abertura de grandes superfícies comerciais con técnicas de mercado agresivas cos direitos d@s consumidor@s e d@s traballador@s. Crearemos unha rede de comercio xusto/troco de produtos agrícolas, gandeiros e marisqueiros.


  • Daremos prioridade ás cooperativas, asociacións de discapacitados e outras formas de economía social con axudas, cesión de locais, contratación de servizos, publicidade gratuíta nos medios de comunicación do Concello e presenza preferente en feiras, xornadas, etc.


  • Ofertaremos ás sociedades de Mugardos/ Franza/O Seixo/San Xoán unha programación coordinada de actos e artellar as súas bibliotecas nunha rede dende a Municipal/central.


  • Esiximos a prolongación da Vía Rápida canto menos até Meá, pois agora dende Franza está ao servizo exclusivo de Forestal/Reganosa.


  • Queremos marcar rutas e pór carteis explicativos e diferenciados en lugares senlleiros, cruceiros, lavadoiros, fontes, ríos, igrexas, peiraos, rutas, edificios singulares etc., Rehabilitando os camiños de terra e con limpeza periódica dos mesmos por parte da brigada municipal.


  • Colaboraremos co Concello de Ares na recuperación para fins turísticos e sociais do conxunto de Montefaro (A Redonda, A Palma, camiños, faro, mosteiro, polvoríns, baterías de Montefaro e da boca da ría para usos sociais e turísticos mancomunados (aulas da natureza, centros de interpretación, albergues) para uso e lecer do pobo independentemente do termo municipal no que estean instaladas.


  • Esixiremos o peche imediato de REGANOSA pola súa perigosidade, e o verdadeiro control medioambiental de “Forestal del Atlántico”.