domingo, 22 de maio de 2011

1. Defesa da terra: urbanismo, vivenda e medio ambiente

O direito a umha vivenda digna para todo o mundo é un dos eixos principais de traballo da Alternativa soberanista Mugardos na Esquerda como emerxente proposta no noso termo municipal. Entendemos que da defesa coerente do direito à vivenda deriva un urbanismo sustentável, non supeditado ao negócio das construtoras e dos promotores que fomentan un crescimento urbano desmesurado no seu benefício.

Este urbanismo insustentável significa un gasto en obras de carácter público (rede de sumidoiros, recolla de lixo, rede viária, rede de augas, etc.) que non se acompaña, normalmente, dun crecemento ordenado da poboación devido à existéncia de numerosas casas vacias no concello sen deixar de construir novas.

A situación actual en que se encontra a política urbanística na concello de Mugardos, baséase numha urbanización descontrolada que non atende às necesidades reais de vivenda, sen calquer critério de sustentabilidade enerxética, e nun modelo construtivo feo, concentrador de xente, e para nada harmónico cumha tipoloxia arquitetónica cultural galega como a da comarca de Bezoucos, que cumpre restaurar e pór en valor.

Da alternativa galega de esquerda Mugardos na Esquerda consideramos que o urbanismo non deve ser un negócio para o governo local, xa que isto xera un círculo vicioso social e ecoloxicamente insustentável. Defendemos un modelo de concello compacto, atlántico, diverso, onde cada umha das partes manteña un alto grau de complexidade, con mistura de actividades comerciais, industriais, gandeiras, de servizos, de equipamento e residencial e contraposto à Creación de cunetas con usos exclusivos (residencial, administrativo, comercial, etc.) que provocan a diminuición das relacións sociais, o uso abusivo do transporte privado, a existéncia de áreas esvaziadas a partir de determinadas horas e, sobretodo, a dificuldade para

compartillar a vida persoal e laboral especialmente no caso de cidadáns que teñen persoas dependentes a seu cargo.

As propostas da Alternativa soberanista galega Mugardos na esquerda en matéria urbanística fundaméntanse nos seguintes princípios xerais:

1. Promover un desenvolvimento urbanístico sustentável para Mugardos que se define pola utilización racional do território e do medio con modelos de solo que favorezan a coesión social e primen a reabilitación e renovación do solo urbano en vez da construción indiscriminada.

2. Participación da veciñanza nas mais-valias xeradas pola construción. Estas deven reverter no benefício común e utilizarse para a urbanización e construción dos sistemas (ruas, cunetas verdes e equipamentos), liberándoos de conceitos que non reverten n@s habitantes do noso concello.

3. Publicidade e participación social nos procesos de planeamento urbanístico: estabelecer mecanismos de participación popular no planeamento a médio dun plano de participación cidadá o máis plural e dialogante posível.

4. Defesa do direito a umha vivenda digna: estabelecer ferramentas para garantir a aplicación real deste direito para todas as e os cidadáns de Mugardos através da loita contra a especulación combinando políticas de solo e políticas sociais.

1.1. Propostas en matéria de urbanismo e vivenda

1.1.1. Defesa do direito a umha vivenda digna e loita contra a especulación

Modificar as distintas tendéncias fiscais actualizando o censo con regularidade e aplicando o imposto IBI con rigor ao tempo que se subsidia o imposto para a primeira residéncia. Defendemos un incremento substancial do IBI para as vivendas que non sexan de uso habitual. Entendemos que mentres hai xente que non pode aceder a umha vivenda, a propriedade de várias por parte dumha persoa é un luxo e un agravio comparativo que se deve gravar como tal. Polo que propomos a creación ou aumento de Impostos para aqueles que posuan segunda vivenda en Bezoucos, para @s que posuan carros tope de gama, para @s que teñan máis de dous carros por unidade familiar e que superen por renda os 40.000 euros anuais.

Mudar a política de subsídio à compra de vivenda pola de apoio às persoas con baixo poder aquisitivo para a obtención desta. Entendemos que fai falta promocionar tamén de maneira decidida as vivendas de aluguer a prezo subsidiado xa que, con o aluguer, o município continua tendo a propriedade, controla a xestión e manutención e pode fixar un sistema mais dinámico e rotatório.

Tender a aumentar a cantidade de solo público para que o município dispoña a fin de realizar infra-estruturas para a comunidade e para regular o prezo. Favorecer que a grande cantidade de solo público do noso concello, se destine a equipamentos e infra-estruturas, ben como para a construción de vivendas de rexime social para a veciñanza.

Mediar nos casos hipotéticos de ocupación de imóveis abandonados e reconvertidos en espazos de expreson artística, cultural ou formativa, abertos a todas as e os cidadáns, evitando as vias represivas policiais, xudiciais e governativas e fomentando o acordo e a protección da cultura.

Devemos quebrar a ligación existente de interese económico entre os promotores imobiliários e os municípios, que aos lucros dos primeiros fai corresponder para os Concellos, maiores ingresos por via da cobranza de impostos e derramas. Tal interese leva aos municípios, como aconteceu en Mugardos, a facilitaren para alén do admisível e do legal, a implantación no noso concello de mega estruturas sen os correspondentes estudos de impacto ambiental, urbanístico e social. Concomitantemente, e por esta via de facilitar a instalación de grandes empreendimentos, na prática resulta a existéncia de duas leis: umha para os pobres, máis restritiva (aplicación à letra do Planos de Ordenamento) e outra para os grandes intereses, máis favorável, correspondendo a excepcións con alteracións a medida do Plano de Ordenamento.

Neste senso, cumpre ainda referir que, estando a poboación concentrada no litoral, é aí que se estabelecen os servizos terciários, designadamente comerciais, que por esa via atraen novos residentes através da oferta de novos empregos, polo que se alimenta deste xeito non só o ciclo de desertificación do interior e de desequilíbrio na ocupación do território (tan sangrante na Galiza), mais tamén concentrando aí mais investimento por via dos impostos de incidéncia local.

1.1.2. Promoción das vivendas de protección oficial

Aumentar o número das vivendas de protección oficial para os coletivos socialmente desfavorecidos sen ir a novas construcións: propomos a reabilitación ou adquisición dos andares vacios xa existentes.

Impulsionar de maneira decidida as vivendas sociais destinadas às clases máis baixas que non poden chegar aos custos da vivenda de protección oficial.

Potencializar e promocionar un parque de vivendas de aluguer de baixo custo através da promoción pública.

1.1.3. Promocionar umha mobilidade sustentável

Consideramos que o que verdadeiramente fai falta é deseñar Mugardos a escala humana: localizar as vivendas, equipamentos, cunetas de servizos, de lecer e desportivas, espazos naturais ou cunetas verdes a distáncias axeitadas para seren acesíveis para toda a poboación, aproximar ao máximo estes espazos ao cidadán para evitar a mobilidade forzosa. Queremos un concello onde non faga falta utilizar o carro e onde podamos aceder a pé ou en transporte público por toda a parte.

Defender a Creación dumha rede de transporte público.

Creación dumha rede municipal de estacións cobertas de bicletas para o uso da veciñanza: a comezar na vila, no Seixo, en Ponta Promontoiro, na enseada do Baño e na Piscina Municipal.

Potencializar os itinerários para peons e bicicletas e os itinerários seguros aos coléxios para que as meninas e os meninos podan ir ao coléxio sós e, portanto, dotandoos de máis autonomia a eles e às suas nais e pais.

Dotar às escolas de estacionamentos cobertos e seguros para bicicletas.

1.1.4. un modelo de concello compacto

Apostar nun modelo de concello atlántico con unidade espacial de servizos, vivendas e actividades, que permita tipoloxias urbanas mais eficientes e fomente umha riqueza e diversidade maior nas relacións sociais e económicas. Adoptar umha densidade de poboación equilibrada e razoável sen promocionar, como fixo o actual governo municipal, a construción de edifícios altos e de tipo uni-familiar en determinadas cunetas segregadas de uso meramente residencial, porque isto só serve para lucrar-se os construtores (e os que dan a licenza), e porque achamos que esta tipoloxia construtiva é atentatória contra a nosa cultura, porque repercute negativamente nas relacións sociais, nun uso excesivo do transporte privado e porque destrue a nosa terra extendendo o concello para alén do necesário.

1.1.5. Mellora dos tecidos urbanos existentes

Pór a énfase da xestión urbana na reabilitación e recuperación de cunetas degradadas e a renovación de áreas obsoletas. Defendemos a reabilitación frente à nova construción, tendo en conta que a concello dispón dun elevado número de edifícios vacios en bon estado que agora só constituen buracos negros no médio do concello. Entendemos que desde a Concellaria non se ten de favorecer a especulación co solo e que se deve propor umha política séria de recuperación destes espazos no centro, que poden suprir boa parte da demanda de vivenda existente.

Desenvolver critérios de continuidade no crecimento e na evoluición dos trazados urbanos para evitar a formación de áreas socialmente segregadas devido ao alto ou baixo nível de renda dos seus residentes. Apostamos nun urbanismo como instrumento válido de política social, a partir de políticas de vivenda, de equipamentos sociais, culturais, deportivos, etc.

1.1.6. Medidas para o fomento da construción sustentável

Dotación obrigatória de subministración con enerxias renováveis en todas as novas construcións e reabilitacións. Dotación obrigatória de recolla seletiva do lixo e tratamento de resíduos orgánicos en todas as novas construcións e reabilitacións. Implementarám-se Axudas Municipais para estes dous obxectivos acima citados. Dotar as vivendas da veciñanza de fontes de enerxias renováveis e de médios para a recolla selectiva do lixo dentro das vivendas. As axudas serán non só económicas, senón que haverá persoal municipal específico para este labor que dará desde simples información e asesoramento, asi como observará a correcta instalación e seguimento das obras precisas e o seu mantemento por persoal cualificado. Trátase de crear umha nova dinámica municipal co fin de lograr a pasaxe das vivendas contaminantes a limpas. Ou sexa, irmos dependendo cada vez menos da produción de enerxias de carácter fósil e hipercontaminante como o carvón da Endesa e do gas da Reganosa.

No referido à enerxia, o obxectivo nesta lexislatura para estas casas é atinxir que mínimo de 40% da enerxia consumida por vivenda proceda de fontes limpas renováveis. Otimizar o ciclo da auga evitando o seu uso excesivo e controlando as perdas. Reduzir as emisons de CO2 e outras substáncias derivadas dun consumo enerxético ineficiente e dumhas vivendas con umha demanda enerxética excesiva. Potencializar a introdución de enerxias renováveis.

Dotación de Colectores de recolla Selectiva do Lixo en máis cunetas do município (Os Casás, Urbanizacións de Obaño, Urbanización da Rua Curros Enríquez, na entrada das Casas Baratas da estrada xeral (rua Contramestre Casado), e en xeral, diante de todas as novas vivendas de recente construción): Alén do colector de lixo orgánico, nestas cunetas terá de haver sempre colectores de Plástico, Papel, Vidro, Azeite e Baterias/Pillas). A recolla destes terá que ser máis frequente, para que non se den casos como nos Catro camiños, ao lado da escola, onde ás vezes parece un vertedoiro incontrolado. Aqui o ideal seria o soterramento dos contentores como se fixo noutras cunetas.

Dotación de Subministración con enerxias renováveis en todas as instalacións municipais: Casa do concello, Biblioteca, Casa do reloxo, Casa do Mar, Centro Zárate, … (através de placas solares, muiños ou tubaxe xeo-térmica) conseguir progresivamente que polo menos nesta lexislatura 50% do consumo de enerxia destas instalacións proveña de fontes limpas.

Dotación ou Creación dun edifício municipal 100% ecolóxico, implantando sistemas solares e xeotérmicos para o seu mantemento enerxético, con sistemas limpos de tratamento da auga e do lixo, con emprego de materiais limpos, reciclados e recicláveis.

Utilización de material de baixo impacto ambiental na sua produción.

1.1.7. Defesa do tecido rural

Defensa do rural de Mugardos como parte esencial da concello, parando calquer trazado que lle afecte ou agrida e criando medidas que muden a actual situación de degradación progresiva que padece. Defendemos que a construción de infraestruturas se ten que analisar e estudar coa participación directa da sua comunidade e os sectores sociais e culturais do território. Para favorecer a continuidade nos usos tradicionais do território é imprescindível tentar facilitar às fillas e fillos dos que habitan aqui a posibilidade de construir umha vivenda dentro deste tecido, como umha fórmula de singularidade que faria falta incluir nas leis correspondentes.

1.1.8. Adaptación do concello en infra-estruturas e servizos

Adaptar o urbanismo às necesidades da cidadania trazendo sempre en conta a variante de xénero e os direitos das persoas con mobilidade reduzida: mellora de infra-estruturas (paraxes de autocar, ampliación de paseios, fraldários e cunetas de lactáncia materna, equipamentos adaptados como os sanitários públicos, eliminación de pontos de risco do espazo público como barreiras arquitectónicas, obras mal sinalizadas, etc).

- Construción dun forno crematório: Para muitos dos nosos concidadás, a cremación é ainda umha opción dificilmente concretizável. Construción dun forno crematório asociado aos cemitérios do município.

1.2. Propostas en medio ambiente e sustentabilidade

1.2.1. Modelo enerxético sustentável e Reganosa

Non é correcto afirmar que o gás natural é umha enerxia limpa, como moitas veces se asegura desde as empresas enerxéticas ou instituicións. A sua extracción e consumo xera contaminación atmosférica e contribue ao aquecimento global. As alternativas sustentáveis son a suficiéncia, a eficiéncia e as enerxias renováveis, non o gás natural.

Para abastecer as novas centrais, construiu-se no noso Concello, apesar dumha forte oposición social, a regasificadora de Reganosa. Esta planta conleva un elevado impacto ambiental e riscos inaceitáveis para a seguranza das veciñas e veciños de Mugardos e das poboacións próximas. Reganosa mesmo non cumpre as normativas europeas en matéria de distáncias de seguranza a nucleos habitados para este tipo de instalacións. O dano produzido na nosa comarca coa planta de gás, e sobretodo na nosa Ria é irreparável.

A produción, a transformación e o consumo de enerxia na Galiza, da forma en que hoxe se efectuam, conlevan importantes custos económicos, sociais e ambientais, non só para a Galiza, senón tamén para outros países e a escala global. Ademais, parte do prezo do nosso sobre-consumo de enerxia e da nosa forte dependéncia dos combustíveis fóseis será pago pelas xeracións futuras.

Con enerxias renováveis é posível cobrir a demanda galega de enerxia, e en muito menos tempo do que a miúdo se pensa, se facermos todo o posível para que sexa asi canto antes. O que é preciso facer? Basicamente trés cousas: decrecer o consumo de enerxia, orientar máis o sector enerxético galego para o auto-abastecimento e despregar as enerxias renováveis. En particular, o impulso da enerxia solar (térmica, foto-voltaica, termo-elétrica) deveria ser obxeto da máxima prioridade. Galiza presenta un potencial alto para a enerxia solar, contrariamente ao que se pode pensar.

É da maior importáncia impulsionar umha reconversión ecolóxica do transporte, sector crucial do ponto de vista da sustentabilidade. A xeston da demanda, é dicir, a redución das necesidades de deslocamento que pode ser conseguido através dun adecuado ordenamento do território-, xuntamente con a inversión na hierarquia dos modos de transporte colocando o carro en derradeiro lugar e favorecendo os meios de transporte públicos e partillados.

1.2.2. Política forestal

- Creación dun Viveiro Comarcal de Árvores e Arbustos de Froito e autóctonos que dote aos parques, xardins e montes da comarca do material suficiente para repovoar estas cunetas, permitindo o mantemento de espécies que están en perigo de desaparecimento. Estará atendido por persoal das Brigadas Municipais competentes en silvicultura e horticultura.

- Catalogación daquelas árvores e outras plantas singulares que pola sua peculiaridade, rareza, idade, etc. sexan bens a preservar no noso Município e comarca.

- Protección imediata das poucas concentracións de masas arbóreas autóctones do noso município. Clasificación dos carvallos que hai no monte Piñeiro, por riba do pazo que dá a estrada do Lodairo.

- Creación dun corredor florestal verde entre A Palma e O Segaño. Iniciativa a mancomunar con Ares: Na ladeira entre a estrada e o mar plantar arbustos e árvores de froito (arandos, amoras, érbedos, framboesas, figueiras, abruñeiros, ameixeiras,...). Podendo criar-se deste xeito umha posível indústria de produtos elaborados artesanalmente a base do fruto destes. Na aba entre a estrada e Montefaro plantar árvores preferentemente autóctones: castiñeiros, bidueiros, carvallos, loureiros, estripeiros,..), e ir arrancando progresivamente, co control preciso, todas as plantas invasoras: eucaliptos, acácias e robínias, ou plantas como o carrizo da pampa ou oarundo,... tendo coidado onde houver niños de páxaros ou tocas de animais nas raízes. Na nosa mente está protexermos e recuperarmos este singular espazo para a nosa flora e fauna, alén de o tornar ainda máis bonito e espetacular, con árvores e arbustos nosos, porque sabemos que o noso património ecolóxico e cultural é ben bonito. Queremos criar umha senda preparada e apta para o paseo tranquilo da Redonda até o Segaño ou até Montefaro baixo a sombra de carvallos e bidueiros, rodeados de arandos, amoras e abruños, de flores de todas as cores e bebendo a brisa mariña da nosa preciosa ria.

- Medidas para frear a monocultivo do Eucalipto: É preciso pór freo à monocultura de eucaliptos por ser umha espécie invasiva na Galiza, con comportamento anti-ecolóxico, desertificador e resecador de rios e regatos, destruición das capas freáticas da terra, etc. Neste senso, propomos a delimitación e extracción de todas as plantas invasoras, sobretodo o eucalipto, que estiveren a menos de 50 metros de rios e regatos; de mananciais, fontes e lavadoiros; de camiños e estradas; de praias e beira-mar, sobretodo dos bancos marisqueiros; de liñas férreas, de liñas elétricas e gasodutos. en resumo: a monocultura do deserto verde representa umha das máis claras agresións ao medio natural galego. Devemos restaurar a vexetación autóctona por se tratar de espécies adaptadas ao noso clima, ao solo e à paisaxe e que ademais en vez de a sugar, reteñen a auga e a humidade.

1.2.3 Camiños e Sendeiros

Os camiños están para andalos. Reabilitación dos camiños e sinalización de Cunetas de Camiñada de Bezoucos. Todos estarán devidamente balizados e sinalizados, os máis salientáveis con panéis didáticos explicativos, e estarán limpos e mantidos polas Brigadas Municipais mínimos cada tres meses. O Concello de Mugardos dispón dumha rede de camiños moi interesantes, que cumpre por en valor, non só restaurando e limpando, senón sinalizando e tentando tornar acesível sempre con respeito ao medio, e sempre que for posível, aqueles trozos que foren de pasaxe difícil ou perigosa para as persoas camiñantes. Temos que lembrar que os camiños son primeiro pra andár a pé, pólo que o peón ten sempre prioridade sobre o veículo, motorizado ou non.

Creación e sinalización nos rios do concello do Novo Roteiro dos muiños e roteiro dos lavadoiros.

A racionalidade e funcionalidade que tiñan os camiños no noso país estase degradando en función dos novos usos dos veículos motorizados. Hai vozes que reclaman o asfaltado de todos os camiños, pois todo deve ser transitável en veículo, alguns mesmo protestan se estes son estreitos e non se poden cruzar dous carros...

Umha persoa de fora ou urbanita non pode entender que un camiño polo que circula ten dous sentidos amplos, cuneta de estacionamento, paseios aos dous lados, e de repente: chega a umha cuneta na que se estreito todo, sendo imposível circular nos dous sentidos; hai carros estacionados despois dumha curva, hai un muro no que antes era un sentido... e non percebe nada destas cousas tan galegas (e non só no ámbito rural), maquinando solucións a pilotar un bull-dozer.

Porén, o que é estreito é esta mentalidade, urbanita (e española), que teñen moitos cargos eleitos, mesmo nacionalistas. Para estes todo se soluciona en función da (dupla) circulación dos carros e non das persoas: ampliando estradas, fazendo rotundas (que devian batizar co non e dos concelleiros de turno) e deitando abaixo muros e casas se hai que fazé-lo (as árvores non importan), e gastando o diñeiro de todos e todas en expropriacións moi mal pagadas, deixando indefensos aos veciños, e até con estradas por diante da porta das casas (como fixéron en Franza).

As persoas e os paseios para andaren a pé non importa. Como exemplo disto podemos pensar no percurso de Rilo até Os Casás, ou indo do Baño cara o Cristo pasando pola igrexa e cemitério de S. Xoán. Nestes dous trozos citados non se vai ampliar nen deitar nada abaixo. Nos Casás mesmo alguén pretendia por multas aos carros estacionados pois non pasavan os camións que transportavan as pás dos muiños eólicos!!!, o que demonstrou umha grande falta de cordura cando non estupidez de quen tivo esa ¨brillante¨ idea. (Neste senso, criticamos abertamente a insensata ― e corrupta ― mega-ampliación da fábrica metalúrxica de Cachaza (MdA) nesa cuneta, en vez de levar esta e outras fábricas ao polígono de Vilar do Colo).

Eis a nosa proposta: non se ampliarán máis camiños en función do tránsito motorizado, onde hai cinco metros non se van facer doze. Propomos para todos os camiños que son transitados por persoas e carros, e que dan aceso a garaxes, a construción dun paseio ben largo (polo menos nun lateral do camiño) para as persoas poderen camiñar sen problemas, e posibilitando os carros poderen entrar nas vivendas.

No noso Concello non haverá camiños ou estradas sen paseo para os e as peons. Neste senso, a reclamación de beira-ruas polos veciños de S.Xoán de Piñeiro é ben coñecida e urxente é cumprirmos con esta demanda.

Outra necesidade urxentísima é construir paseios no Apelón: dos Corzás até a cuneta do Centro de Saúde, Escola Infantil e o Mercado. Neste caótico trozo precisa-se umha ordenación exemplar: hai que soterrar as liñas elétricas, construir cunetas de paseo amplas e cunetas de estacionamento para espera na escola e centro médico, e reparar a estrada.

Estudara-se a posibilidade de cortar o tránsito ou a limitación da velocidade nestes camiños a un máximo de 30 Km/h. Ben, fica subliñado logo que na prioridade construtiva, o primeiro é solucionarmos a pasaxe prioritária das persoas, e despois está a pasaxe dos veículos. Para o tránsito dos veículos precisa-se simplesmente que o camiño ou estrada tiver un bon firme para poder circular sen problemas.

Somos contra de asfaltar por asfaltar, pois achamos esta prática perniciosa para a natureza, polo que se o camiño non estiver asfaltado, non se deve asfaltar (como alguns reclaman por exemplo para o camiño da Palma até o Segaño). Neste senso, en Mugardos estudarase a posibilidade de impedir a circulación de veículos naqueles camiños que polas suas funcións e caraterísticas naturais merezan ser preservados para os e as camiñantes (como pode ser o que vai de Simou até Os Galgos, ou o citado da Palma ao Segaño,...). Pasarán unicamente os veículos das persoas residentes, ou aqueles que foren facer traballos nesas cunetas. Naqueles camiños, como por exemplo o do Serrón (ainda que sobran exemplos neste senso), nun antigo rueiro, fíxose umha estrada nos dous sentidos, trozos con cuneta de estacionamento para os carros e sen paseo contínuo para os peóns,... un despropósito feito ao revés das prioridades naturais. A solución natural proposta para estes casos é ampliar os paseios e circular nun só sentido. Esta mesma solución haveria que a aplicar na estrada que vai do Cristo até S.Xoan e acaba no Baño, que seria nese único sentido.

Tamén dicimos que os habitantes destas cunetas teñen direito a estacionaren o seu carro diante das suas casas, mais dumha maneira ordenada e sempre tendo en conta a prioridade da existéncia dun paseio mínimo de dous metros para os peons, a ser posível en cada beira, e que houver máis cinco metros de mínimo para estacionar e se poder circular nun único sentido como mínimo sen problemas. Da mesma maneira que non haverá impedimentos para os camiñantes andaren sen problema, non devia haver veículos estacionados que invadan a estrada e impidan a circulación normal, como acontece moitas vezes na estrada que sobe da rotunda de Rilo para os Casás... Nos trozos onde non for posível a circulación motorizada nun só sentido, que deverán posuir obrigatoriamente cuneta de paseio para peóns, umha alternativa pode ser semaforizar, ainda que pode haver outras.

Resumindo: os camiños son primeiro para os peóns, hai que facer camiño andando, despois, ven o espazo para os veículos. Nunca ao contrário.

1.2.3. Áreas de interese natural

Fomentar que o término municipal sexa declarado Cuneta Florestal. Creación dun rexisto de Áreas de Intervención Ambiental e promoción do seu uso social e conservación.

1.2.4 Outras medidas ambientais

- Creación dumha Eco-Taxa Municipal para as empresas contaminantes que traballan en Ponta Promontoiro. Esta servirá para manter os novos postos de traballo comunitários criados (que devian ser máis do que os existentes neste Complexo). A conxuntural existéncia destas empresas tóxicas ten de servir, non para o engorde dumha minoria: o empresáriado e umha pequena casta de privilexiados (con uns salários de luxo e con umha noxenta exibición de poderio económico perante a veciñanza) senón todo o contrário, como un imposto obrigado que estas empresas teñen que pagar á comunidade pola sua presença e pola ingrata marca

tóxica que nos deixam. Faltava máis: Os benefícios han redundar sempre na maioria dos veciños/as e non numha minoria selecta. Xá bastante castigo é padecer a sua provada contaminación na nosa terra, para que ainda por cima se den estas situacións tan desiguais.

- Uso de Papel reciclado: Todos os documentos (actas, bandos, circulares, cartas,...), folletos, cartazes, etc. Emtidos desde concello serán impresos en papel reciclado livre de branqueamento por cloro.

- Elaborar un relatório de Impacto ambiental real de todas as actividades fabris existentes. Declaración da non Instalación de máis industrias agresivas co medio e as persoas. Queremos un Concello máis limpo e saudável. Ham-se identificar aqueles focos de poluición sonora, química,... do município. Exixiremos un eficaz controle da calidade das augas, do funcionamento dos sumidoiros e dos sistemas de eliminación de resíduos.

- Instauración dun Servizo de Lanchas e Barcos de Pasaxe Municipais non contaminantes (Circuítos Vila-Seixo-Barallobre-Ferrol).

- Novo Cálculo da Taxa de Rodaxe. Esta taxa dos veículos utilitários deverá ser calculada en función da potencia do motor do veículo e das suas emisons de dióxido de carbono e non da cilindrada do mesmo. Danse casos de carros de gasolina, con 120 CV e bastante poluidores pagaren menos que un diesel de menos CV e con menores emisons de dióxido.

- Construción de diques estancos para o pintado e arranxo de embarcacións.Naquelas cunetas do litoral onde hai aceso ao mar encontramos sempre restos da mancha tóxica humana. Nas cunetas de amarración hai sempre restos de óleos, vernizes e tintas do pintado, calefetaxe, arranxo,... de embarcacións. O Concello ten que tentar dispor de cunetas a modo de diques estancos onde os resíduos destes traballos podan ser recollidos e tratados. Como isto non é posível facelo extensível a todos estes locais, pois son inúmeros os pontos que dan ao mar, trata-se polo menos de construir estes diques ou cunetas de traballo para os mariñeiros/as, nos principais acesos ao mar, devendo-se obrigar a todos aqueles que teñan que facer calquer tipo de arranxo a deslocar-se ao dique máis cercano, axudando no transporte da embarcación se for preciso e posível.

- Alumeado Público: Alimentado por acumuladores solares e con lámpadas de baixo Consumo Neste senso, fará-se a substituición progresiva de todos os pontos de luz municipais: na Casa do Concello, as luzes na rua dos farois do alumiado, etc. todo con lámpadas de baixo consumo alimentadas con enerxia solar, etc O seu foco luminoso será orientado para a rua evitando sempre o exceso de consumo e de luz que provocan contaminación ambiental e lumínica. Reduzir e reordenar os pontos de luz pública. O gasto de diñeiro público que significa ruas iluminadas toda a noite é enorme. Terian que instalarse sistemas xa existentes con detectores de movimento que alumean as ruas e estradas co paso dun peon ou cando vai entrar un coche nesa rua.

- Proibición do Uso, Comercialización e Cultivo de Transxénicos.

- Proibición do Uso e Comercialización dos agro-tóxicos.

- Reforzaremos a instalación e utilización de w.c. caninos na vila e no Seixo. Nesta cuestión non chega con emitir un Bando, senón que pasa pola sensibilización e responsabilización dos donos dos animais. Facultaremos por toda a vila e no Seixo espazos e equipamentos para recolla de dexectos encontrando, paralelamente, formas de aplicar aos non cumpridores as multas xá existentes mais non utilizadas. É noxento pisar as minas nas ruas e nos espazos de lecer, alguns funcionando como depósito de excrementos caninos. Devem-se recoller todas as minas, no litoral urbano e tamén nas cunetas transitadas non urbanizadas e do rural.

- Recuperación do Servizo de Lanchas e Barcos de Pasaxe Municipais (Circuítos Vila-Seixo-Barallobre-Ferrol).

- Emisores eletro-magnéticos: antenas de telefonia móbil, de televisión e postes de alta-tensom: Bezoucos é un local onde as antenas de emisión eletro-magnética teñen umha presenza ben visível a partir de calquer lado: é só ollarmos pra Montefaro para o verificar. Apesar do caos informativo interesado que existe sobre a inocuidade ou perigosidade destas antenas eletro-magnéticas, temos que salientar que hai un denominador común que recomenda a sua instalación lonxe de cunetas sensíveis tais como escolas, lares de idosos, centros de saúde,... A saúde preventiva recomendada para estes casos depara-nos con que en Mugardos temos a sede da Telefónica e sua antena, xuntamente con o tendido elétrico rodeando o Centro de Saúde e a Escola no Apelón, e o que é totalmente intolerável. Temos tamén umha outra antena a menos de cinco metros do pátio da escola Loyola. Para estes casos o Concello deve tomar as medidas urxentes oportunas para retirá-las e-ou resituá-las lonxe de cunetas sensíveis, e canto aos tendidos elétricos destas cunetas, terán que estar obrigatoriamente soterrados. Para tal fin propomos o seguinte ponto.

- Soterramento de todas as liñas de alta tensión, a comezar por aquelas liñas que estean próximas de escolas, centros de saúde e outros locais nas que estexan crianzas e idosos (Biblioteca, Escolas, Mercado...). A seguir, progresivamente, iranse soterrando na vila, no centro histórico e nas cunetas máis povoadas, asi como se irá aproveitando cunetas nas que se efectuan obras de reparación ou instalación de gas, telefone, auga, ou onde houver reconstrución ou reabilitación de novas vivendas.

- Promovermos a Creación dumha Planta de Tratamento do Lixo Comarcal e Creación dumha Planta de Tratamento e Recuperación do Papel e Vidro Comarcal: A primeira idea teria como obxectivo recuperar o lixo orgánico para o seu aproveitamento nas hortas e viveiros comunitários que han ser criados e nas terras da veciñanza. Serian criados asi centros de compostaxe para agricultura biolóxica. Estas hortas biolóxicas servirian ademais para educación ambiental dos mais mozos, asi como estimular e recuperar a actividade agrícola como modo de vida sustentável.

As duas ideas son politicamente interesantes e precisas, e parten do coñecimento da inviabilidade de SOGAMA, que non serve para recuperar o cada vez máis contínuo crescimento da xeración de lixo en toda a Galiza. Trátase de camiñar cara un Mugardos con mínima pegada ecolóxica e ademais criarmos emprego que atenda realmente às necesidades da comunidade asente na comarca de Bezoucos. Apesar dos núcleos urbanizados do litoral, contamos tamén con cunetas eminentemente rurais na nosa comarca, polo que é posível reduzir o impacte ambiental da xeración do lixo dos mugardeses/as a nível zero, o problema é nas empresas de Ponta Promontoiro, que é imposíbel. Achamos que un proxecto comarcal (mancomunado con Ares e Fene e Cabanas) de reciclaxe e reutilización do vidro e do papel é factíbel, e ecoloxicamente positivo, a sua instalación deveria ser no Polígono de Vilar do Colo. Tamén é importante estudar a posibilidade da reciclaxe do plástico, pois esta matéria cuxa produción é a máis contaminante precisa solucións urxentes para o seu tratamento e recuperación sustentável.

1.2.5. Mobilidade

Creación dun órgao consultor participativo sobre mobilidade aberto a entidades ecoloxistas e populares en matéria de mobilidade co resto de concellos de Ferrolterra.

Reverter a xestión da rede de autocarros urbanos do privado para o público para garantir a sua calidade, mellorar a frecuéncia e incrementar o número de liñas, con percursos periféricos que liguen os lugares entre si e percursos radiais, que liguen os lugares e paróquias co centro. Reduzir o custo do transporte municipal para @s mozos, desempregad@s e xente maior. Os descontos actuais son insuficientes. Fai falta, pois, criar novos abonos que teñan conta do uso real do transporte público.

Criar un eixo central de carril bici con conesións radiais completas. Desenvolver campañas de sensibilización para o uso da bicicleta. Mellorar a seguranza e sinalización existente, asi seria conveniente a Creación de carris exclusivos de bicicleta e os separar das vias de tránsito dos automóveis, colocando beira-ruas ou mediante barreiras arquitetónicas para evitar acidentes.

Elaborar un plano de acesibilidade de Mugardos en defesa dos direitos das persoas con mobilidade reduzida interesadas en participar (discapacitad@s, persoas maiores, etc.).

1.2.6. Pesca, sector marisqueiro e agro

Apoio decidido ao mantemento da Pesca. Entre outras medidas apoiará-se a compra de barcos de pesca próprios, co Concello de Armador aval. Cumpre facilitar que nengun mariñeiro e nengun patrón teña necesidade de ir a outros portos. Todos os barcos de pesca do Concello deven amarrar, equipar-se, manter-se e cotizar en Mugardos.

Recuperar os recursos dos bancos marisqueiros, tan importantes noutro tempo, ten de ser outra das nosas prioridades.

É fundamental recuperar as terras ociosas e facelas rendíveis, criando postos de traballo dignos.

Potencializar a agricultura ecolóxica dedicando o Mercado Municipal ou unha parte significativa deste à venda de produtos ecolóxicos, e realizando un Mercado exclusivo de Agricultura Biolóxica e Produtos Ecolóxicos cada trés meses, axudando asi a Creación de novos hábitos alimentares e ambientais que contribuiran para umha vida máis saudável.

Declaración do município de Mugardos como área livre de transxénicos e protección do seu património biolóxico e cultural.

Sem comentários:

Enviar um comentário